Saltar navegación

3.1.6 Extracción de factor común

Ás veces nas expresións alxébricas podémonos atopar que estas están formadas por sumandos que son produtos e, ademais, nestes produtos hai un factor que se repite; é dicir, que é común en todos os sumandos.

Así na expresión a·b + a·c +a·d –a·e observamos que os sumandos ou restandos son produtos. Ademais, en todos os sumandos que son produtos hai un factor, que é que o “a” se repite; é dicir, que é común. Podemos, daquela, transformar esa suma nun produto sacando factor común e colocando unha paréntese :

a·b + a·c +a·d – a·e = a · (b + c +d – e)

Unha das aplicacións da extracción do factor común e o seu emprego na simplificación de fraccións alxébricas.

Exemplos:

  • Simplificar a expresión       

  • Simplificar a expresión      

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0