2.4.2 Materiais condutores e illantes da calor
Hai materiais que deixan pasar a calor a través deles por condución; chámanse materiais condutoresda calor. Os metais son bos condutores da calor e úsanse para fabricar utensilios cuxa función sexa transmitir calor, como poden ser as potas de aluminio, tixolas…
![]() |
Existen outros materiais que non deixan pasar o calor; son os materiais non condutores ou materiais illantes, como por exemplo a madeira, o plástico, o aire. Os materiais illantes, usámolos cando queremos evitar que a calor se transmita, como por exemplo a fibra de vidro, que se coloca no baixo teito para illar as vivendas do exterior ou a espuma illante entre muros das casas, o cristal dobre con cámara de aire, os mangos de plástico dos utensilios de cociña metálicos, cazos e garfos de madeira, cinta illante, etc.
![]() |
Actividade proposta
S18. Que substancias coñece que sexan illantes térmicos? Para que nos pomos máis roupa en inverno? Por que os habitantes nómades do deserto van vestidos dos pés á cabeza?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0

