7.1 Solucións das actividades propostas
S1.
Podemos dicir que a calor é unha forma de enerxía que se transfire dun corpo quente a un corpo frío ou que a calor, é a enerxía que pasa dun corpo a outro cando están a distintas temperaturas.
S2.
Cando os dous corpos están finalmente á mesma temperatura pois deixa de pasar calor dun ao outro.
S3.
Os corpos non teñen calor. A calor só existe entanto que estea a pasar dun corpo a outro. Cando deixa de pasar, a calor non existe. A calor é unha acción, é algo que ou está ocorrendo ou non; é semellante a dar un paseo: é unha acción, non ten sentido “gardar” un paseo. Coa calor pasa igual. Por iso a calor non se pode gardar. Podemos gardar un corpo que estea a temperatura elevada, iso si.
S4.
Podémolo facer por regra de tres:

Tamén podemos facelo multiplicando os 350 J por unha fracción acaída:

S5.
Calquera obxecto que poida transferir calor a outros que están menos quentes. Hai fontes de calor naturais como o sol e fontes de calor artificiais que son aquelas creadas polo home.
S6.
O lume dunha fogueira ou o que se produce nun queimador de gas dunha cociña, as estufas, os quentadores, os ferros de pasar.
S7.
Efectivamente, é así.

S9.
Se os carrís se colocasen en contacto, ao aumentar a súa temperatura (co sol, por exemplo) dilatarían, farían forza un contra o outro e sairían do seu sitio. O mesmo ocorrería nos edificios grandes e nas pontes
S10.
Afundirá, porque o ferro sólido é máis denso que o ferro líquido
S11.
A gráfica debería parecerse á seguinte:

Os cambios de estado corresponden aos treitos horizontais da gráfica; a fusión ocorre entre os minutos 4 e 8, e a ebulición a partir do minuto 14 en adiante. O característico dos cambios de estado é que a temperatura non cambia co tempo mentres es están producindo eses cambios de estado.
A fusión ocorreu a 0 ºC, e a ebulición aos 100 ºC.
No punto A da gráfica comeza a fusión do xeo, e no punto B acábase todo o xeo.
No punto H hai unha mestura de auga sólida e líquida, e no punto C só hai auga líquida a 60 ºC.

S15.
Non; na metálica si que notará calor na man que terma da variña, pero na de vidro non notará ningún aumento de temperatura. O metal conduce ben a calor e o vidro non.
S16.
Os sólidos non transmiten calor por convección porque as partículas non poden trasladarse, están fixas. Nos gases as moléculas poden moverse con liberdade, así que poden transmitir a calor por convección.
S17.
|
|
Condución |
Convección |
Radiación |
|
|
√ |
|
|
|
|
√ |
|
√ |
|
|
S18.
- a) Os plásticos, a cortiza, a madeira, o papel, etc. son illantes térmicos.
- b) Para dificultar aínda máis que o noso corpo ceda calor ao aire frío que nos rodea.
- c) Para impedir que o sol os queime, e para dificultar o paso da calor do aire ao corpo.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0