8. Glosario
A
|
Arqueobacterias |
Microorganismos unicelulares, diferentes das bacterias, carentes de núcleo. Viven en todos os tipos de hábitats, algúns deles extremos (hipertérmicos, hipersalinos, ácidos…) Constitúen o dominio Archaea. |
B |
Bacterias |
Microorganismos unicelulares de formas moi variadas, carentes de núcleo e con frecuencia dotados de parede celular. Son os organismos máis abundantes do planeta. |
|
Bulbo |
Pequeno depósito de líquido termométrico; adoita ter as paredes moi finas para que o termómetro chegue rapidamente ao equilibrio térmico co exterior. |
|
|
Bunsen |
Robert W. Bunsen (1811–1899), químico alemán. Perfeccionou o queimador de gas inventado por Michael Farad |
|
C |
Calor |
Enerxía que se transmite dun corpo a outro por estaren a diferente temperatura. Mídese en joules no Sistema Internacional. |
|
Calor de fusión |
Calor que precisa unha substancia para pasar do estado sólido ao líquido. |
|
|
Calor latente |
Cantidade de calor absorbida ou cedida por un quilogramo dunha substancia nun cambio de estado de agregación. |
|
|
Caloría |
Unidade antiga de calor, hoxe substituída polo joule. Unha caloría equivale a 4,18 joules. |
|
|
Caótico |
Desordenado. O movemento das moléculas nun gas é caótico, as moléculas móvense en todas as direccións con moi variadas velocidades. |
|
|
Celsius |
Anders Celsius (Suecia, 1701–1744), físico e astrónomo sueco. Modificou as escalas de Reamur (francesa) e de Fahrenheit (alemaña) e propuxo a centígrada. |
|
|
Coeficiente |
Nun monomio é o número que multiplica a parte literal (as letras). |
|
|
Condución |
Forma de transmisión da calor a través dos corpos, sen transporte de materia. Non existe condución de calor no baleiro. |
|
|
Convección |
Forma de transmisión da calor nos corpos fluídos, onde se orixinan correntes de convección que distribúen a calor por todo o fluído (líquido ou gas). |
|
|
Corrente de convección |
Movemento do fluído que se orixina por diferenzas de temperaturas nel, de xeito que a calor xerada no foco quente se transmite a todo o volume do fluído. Na convección hai transporte de enerxía e de materia. |
| D |
Dilatar |
Aumentar o tamaño dun corpo ou dunha substancia |
|
E |
Ecuación |
Igualdade que só é certa para algúns valores das incógnitas. |
|
Equilibrio térmico |
Igualdade de temperatura a que chegan dous corpos que inicialmente estaban a distintas temperaturas logo de intercambiar calor. |
|
F |
Fahrenheit |
Gabriel Fahrenheit (Gdansk, 1686–1736). Propuxo en 1724 a escala de temperaturas que leva o seu nome. Nesta, o 0 ºF coincide coa temperatura de conxelación dunha mestura a partes iguais de auga e cloruro amónico; os 32 ºF son a temperatura dunha mestura de auga e xeo, sen sal. Inventou o termómetro de mercurio. |
|
Fotosíntese |
Proceso que se desenvolve nas plantas, algas e algunhas bacterias, no que a enerxía da luz capturada é utilizada para transformar substancias inorgánicas (auga, dióxido de carbono, sales) en moléculas orgánicas. |
|
|
Fusión |
Paso dun sólido a líquido. |
|
G |
Glicosa |
Tamén chamada dextrosa. É un monosacárido, un azucre, de fórmula C6H12O6. Atópase en forma libre nas froitas e no mel. |
|
Grao |
Dun monomio: é a suma dos expoñentes aos que están elevadas as letras do monomio. Grao dun polinomio: o maior dos graos dos monomios do polinomio. |
|
H |
Hibernación |
Estado de hipotermia (temperatura máis baixa do normal) que permite durante un tempo aforrar enerxía aos animais no inverno. Durante a hibernación o metabolismo dos animais redúcese, así como a frecuencia cardíaca e a respiratoria; durante a hibernación os animais viven das reservas que acumularon na estación quente. |
|
I |
Identidade |
Igualdade de tipo A = B que é sempre certa para todos os valores das letras. |
|
Illante |
Substancia non condutora da calor. |
|
|
Incógnita |
Nunha ecuación, incógnita é a letra cuxo valor temos que achar. |
|
|
Infravermello |
Significa “por debaixo do vermello”. Refírese ás ondas electromagnéticas que teñen unha frecuencia menor que a luz visible vermella. |
|
|
Iodo |
Sólido de cor aparentemente negra, que se transforma en vapor violeta quecendo suavemente. Pertence ao grupo dos halóxenos, xunto co flúor, o cloro e o bromo. Disólvese pouco en auga e bastante en alcohol. Disolvido en alcohol úsase como desinfectante. |
|
K |
Kelvin |
Escala de temperaturas creada por William Thomson (Lord Kelvin) (Irlanda, 1824–1907) no ano 1848, baseada na escala Celsius, pero que asigna ao punto triplo da auga (temperatura na que coexisten os tres estados sólido, líquido e vapor) o valor 273,16 K. |
|
Krause (corpúsculos) |
Son os encargados de detectar a sensación de frío cando a temperatura exterior é inferior á do noso organismo. Atópanse no nivel profundo da hipoderme. Foron descubertos polo anatomista alemán Wilhelm Krause (1833-1910). |
|
M |
Monomio |
Expresión matemática formada por números e letras que se multiplican entre si. As letras poden estar elevadas a expoñentes diferentes da unidade. |
|
Monomios semellantes |
Dous monomios son semellantes cando teñen iguais a parte literal, incluídos os expoñentes de cada letra. |
|
O |
Onda electromagnética |
Asociación dun campo eléctrico variable e un campo magnético tamén variable que se propaga coa mesma velocidade que a da luz. Non precisa de ningunha substancia material para poder propagarse. |
|
P |
Parte literal |
Son as letras dun monomio. |
|
Partícula |
Obxecto material moi pequeno comparado coas demais lonxitudes das que se trate. Por exemplo, o planeta Terra pode considerarse como unha partícula comparado coas dimensións do sistema planetario solar. |
|
|
Polinomio |
Conxunto de varios monomios unidos polos signos da suma e da resta. |
|
R |
Radiación |
Forma de transmisión da calor e da enerxía por medio de ondas electromagnéticas. |
|
Ruffini (corpúsculos) |
Receptores sensoriais situados na parte profunda da derme e superior da hipoderme. Detectan temperaturas superiores ás normais do noso corpo; abundan na palma da man. |
|
S |
Solución |
Solución dunha ecuación: é o valor numérico da incógnita que fai certa a igualdade. Unha ecuación pode ter varias solucións. |
|
Sublimación |
Paso do estado sólido ao estado gas dunha substancia, sen pasar polo estado líquido intermedio. |
|
|
Sublimación inversa |
Paso directo do estado gasoso ao estado sólido, sen pasar polo estado líquido. |
|
T |
Temperatura |
É unha medida da velocidade cuadrática media das moléculas dun corpo. Mídese en Kelvin no Sistema Internacional de unidades. Outras escalas son a Celsius, a Fahrenheit e a Reamur. |
|
Termo |
Cada un dos monomios que forman parte de unha ecuación. |
|
|
Termo independente |
Nun polinomio ou nunha ecuación, é o monomio que só ten números, non ten parte literal. |
|
|
Transferir |
Pasar ou levar algo dun lugar a outro. |
|
|
Traspor |
Nunha igualdade, cambiar de membro un número, unha letra ou un monomio. |
|
V |
Vaporización |
Paso dunha substancia ao estado gas. |
|
Vibración |
Movemento rápido dun corpo a un lado e outro da súa posición central de equilibrio. |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0