Calor e temperatura. Alxebra
3.1.1 Utilidade e significado
Na linguaxe alxébrica utilizamos letras para expresar números de valor descoñecido ou indeterminado. A continuación veremos algunhas das utilidades da álxebra:
Para expresar propiedades das operacións aritméticas (identidades)
Exemplo: a propiedade distributiva. “O produto dun número por unha suma é igual á suma dos produtos parciais do número por cada sumando”. Esta propiedade, coa linguaxe alxébrica, quedaría da seguinte maneira:
a · ( b + c ) = a · b + a · c
Para manexar números de valor indeterminado e as súas operacións (expresións alxébricas)
Exemplos:
- Un número natural ........................................................................................................... a
- O seguinte número natural ......................................................................................... a + 1
- O dobre do número ........................................................................................................ 2a
- Outro número oito unidades menor ........................................................................... a – 8
- O cadrado do número mais o triplo do número ........................................................ a2 + 3a
Para expresar a relación entre varias variables de magnitudes distintas (fórmulas)

Para expresar relacións que faciliten a resolución de problemas (ecuacións)
Exemplo: atopar un número tal que o cuádruplo do devandito número mais vinte unidades sexa igual a sesenta e oito.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0