3.1 Álxebra
A linguaxe que usamos en operacións aritméticas nas que só interveñen números chámase linguaxe numérica.
En ocasións empregamos letras para representar calquera número descoñecido; realizamos operacións aritméticas con elas e, mesmo, incluímolas en expresións matemáticas para poder calcular o seu valor numérico.
A linguaxe que utiliza letras en combinación con números e signos, e ademais as trata como números en operacións e propiedades, chámase linguaxe alxébrica.
Álxebra é a parte das matemáticas que estuda a relación entre números, letras e signos das operacións aritméticas.
Vexamos uns exemplos nos que se utiliza a linguaxe alxébrica:
|
Linguaxe ordinaria |
Linguaxe alxébrica |
Lese |
Significa |
|
Un número mais outro. |
x + y |
Xe mais i |
– Sumar x e y. |
|
Un número multiplicado por 6. |
6x |
Seis xe |
– Multiplicar 6 por x. |
|
O dobre da temperatura. |
2T |
Dous te |
– Multiplicar 2 por T. |
|
O triplo dunha cantidade mais cinco. |
3a + 5 |
Tres a máis cinco |
– Multiplicar 3 por a e logo sumarlle 5. Lembre que hai que efectuar antes as multiplicacións e logo as sumas.. |
|
A metade dun número. |
y/2 |
I medios; i partido por dous |
– Dividir y entre 2. |
|
A súa idade hai catro anos. |
a - 4 |
A menos catro |
– A a restámoslle 4. |
|
O prezo de x quilos de queixo, a 9 euros o quilogramo. |
9x |
Nove xe |
– Multiplicar 9 por x. |
|
A área dun cadrado de lado b. |
b2 |
Be cadrado |
– Elevar b ao cadrado, ou multiplicar b por b. |
|
A área dun rectángulo de lados a e b. |
ab |
A be |
– Multiplicar a por b. |
|
O volume dunha esfera de raio r. |
4/3πr3 |
Catro terzos de pi erre cubo |
– Dividir 4 entre 3, o resultado multiplicalo por pi e logo multiplicar o anterior polo resultado de elevar r ao cubo.. |
Observe que na linguaxe alxébrica o signo de multiplicar entre letras ou entre unha letra e un número non se escribe. Exemplo: lonxitude da circunferencia =
Significa que a lonxitude da circunferencia é igual a 2 multiplicado por
e por r.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0