Saltar navegación

Xogamos a floorball

 

Glosario

Bandy

Pictograma que representa a dúas persoas xogando ao bandy

Definición:

É unha variante do hóckey sobre xeo na que se emprega unha pelota en lugar dun disco.

Exemplo:

O bandy é un deporte moi popular en Rusia.

Hóckey

Pictograma que representa a dúas persoas xogando ao hóckey

Definición:

Xogo de equipo que se practica sobre herba, sobre xeo ou nunha pista de cemento, no que os xogadores teñen que enviar un disco ou unha bóla á portaría contraria cunha especie de bastón curvo.

Exemplo:

Hoxe teño adestramento de hóckey pola tarde.

Slálom

Pictograma que representa a unha persoa en cadeira de rodas facendo un slalom entre diferentes obxectos

Definición:

Percorrido que consiste en esquivar unha serie de obstáculos movéndose dun lado a outro.

Exemplo:

Meu primo sabe facer moi ben slálom con patíns.

Stick

Pictograma que representa un stick de floorball

Definición:

Bastón curvo que se emprega para desprazar unha pelota ou un disco en deportes como o hóckey ou o floorball

Exemplo:

En Educación Física mellorei o manexo do stick.

Que é o floorball?

O floorball é un deporte de equipo similar ao hóckey, no que se enfrontan dous equipos de 5 xogadores ou xogadoras cada un, tendo como obxectivo meter gol na portería do equipo contrario. Este deporte, xurdiu como unha alternativa ao hóckey sobre xeo e ao bandy, debido á dificultade de contar con instalacións para xogar nas escolas. 

Imaxe na que se pode ver a uns nenos xogando ao floorball

Terreo de xogo: xógase nunha pista rectangular de 40 metros de longo por 20 metros de largo. Esta, está dividida en dúas metades, tendo cada unha delas unha portaría (a cal está dentro do campo e non sobre a liña de fondo como ocorre noutros deportes con portaría). 

Material empregado: ó floorball xógase cunha pelota de plástico oca e con furadiños circulares, a cal é desprazada polas persoas que xogan empregando un stick de plástico moi lixeiro. O calzado é o habitual de deportes de interior, non patíns como nalgunha  modalidade de hóckey. 

Lectura facilitada

O floorball é un deporte de equipo parecido ao hóckey.

Enfróntanse dous equipos formados por 5 persoas cada un.

O obxectivo do floorball é meter a pelota na portería contraria.

A pista é a mesma ca de balonmán.

Ten forma de rectángulo con dúas portarías.

Mide 40 metros de longo e 20 metros de largo.

Para xogar a floorball necesitamos unha pelota e un stick.

A pelota de floorball é de plástico e ten furadiños para que pese moi pouco.

O stick de floorball é de plástico e pesa moi pouco.

Quero ver...

Un vídeo dunha competición de floorball

Un vídeo explicativo do floorball

Imos practicar!

A continuación, tes varios exemplos de xogos e actividades de floorball, que podes empregar nas sesións de adestramento xunto ao resto de integrantes do teu equipo.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)