Sobre a nosa "Cooperation League"
- Duración:
- 10 min
- Agrupamento:
- Toda a clase

Despois da experiencia de competir dun xeito máis cooperativo, imos realizar unha pequena conversa entre toda a clase.
Para que realmente serva para algo, fala con sinceridade, respectando as opinións dos demais. Pero, sobre todo, escoita! Escoitar diferentes puntos de vista, pode axudarche a entender mellor o que supón a competición para outras persoas e como traballar mellor nun equipo.
Algunhas cousas para reflexionar:
- Vedes algunha diferencia entre a nosa liga e outras competicións onde participas?
- Pódese competir con outra mirada?
- Axuda este sistema de puntuación a reducir o nivel de competitividade e os conflitos?
- Entendedes agora o difícil que é ser árbitro? Credes que merecen máis respecto?
- Foi difícil traballar en equipo? Por que?
- Credes que mellorades as vosas habilidades sociais ademais das motrices?
- Pensades que o deporte pode ser unha boa oportunidade para aprender a resolver os conflitos?
- Hai algo que queirades destacar do campionato?
- Poderiades organizar vós unha liga nos recreos? Se a fixerades, que cambios fariades, algunha mellora?