Saltar navegación

5.5. Diario de aprendizaxe

Completa o teu diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Como xa sabes, non podes rematar esta situación de aprendizaxe sen escribir a túa reflexión final na fase 5 do teu diario de aprendizaxe.

Nesta fase levouse a cabo a exposición da noticia creada en equipo e a valoración sobre o teu traballo na mesma, tanto a nivel individual coma grupal. Agora é o momento de facer estas reflexións no teu diario de aprendizaxe onde recollerás as túas impresións.

Recorda a noticia inicial que xerou todo este proceso e como foi evolucionando o reto nas distintas fases ata chegar a derradeira. Percorreches un camiño de novos aprendizaxes e experiencias traballando en equipo, colaborando, cooperando e descubrindo unha nova forma de competir onde se primaba o xogo limpo e a deportividade.

Lembra que estas reflexións axudaranche a asimilar todo o que aprendiches e a adaptarte mellor a futuras situacións de aprendizaxe.

Lectura facilitada

Busca a fase 5 do teu diario de aprendizaxe.

Nesta fase expuxeches a noticia creada en equipo e fixeches unha valoración sobre o teu traballo,

tanto a nivel individual coma grupal.

Agora farás estas reflexións no teu diario onde recollerás a túa impresión nas distintas fases do reto.

Recorda a noticia que xerou toda este proceso e como foi evolucionando

Percorreches un camiño de novos aprendizaxes e experiencias.

Lembra que estas reflexións axudaranche a asimilar  todo o que aprendiches

e a adaptarte mellor a futuras situacións de aprendizaxe.

Ir ao apartado co diario de aprendizaxe

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)