Saltar navegación

1.4. A nosa folla de ruta

O camiño é...

Debuxo que amosa a unha persoa nun camiño co seu comezo e o seu fin.

Os pasos que debes seguir durante as fases para chegar a acadar o reto:

NA FASE 1: Descubrirás o porqué da nosa situación de aprendizaxe e o reto que tendes que conseguir en equipo. 

NA FASE 2: Verás o que sabes dos valores do deporte, do Espírito Olímpico, das funcións dentro dun equipo e os medios de comunicación que coñeces. 

NA FASE 3: Dividirémola en dúas partes:

    1. PRETEMPADA: Na que traballaredes todos xuntos, mellorando as capacidades físicas básicas a través do atletismo, como deporte rei das Olimpíadas. 
    2. LIGA COOPERATIVA: Xogaredes ao floorball e ao balonmán. Aquí, crearedes os vosos equipos, mixtos e equilibrados, liderados por un capitán ou capitana e, alternaredes días de adestramento cos días de partido . O día que o teu equipo non xogue, organizaredes a xornada de competición.

NA FASE 4: Crearedes a vosa noticia a partires da  experiencia vivida na liga. Elixiredes o formato que queirades (son, vídeo ou texto), e despois, faredes unha presentación ao resto da clase. 

NA FASE 5: Avaliaredes a vosa participación durante o proceso, e reflexionaremos sobre os valores do deporte e como poñelos en práctica na competición, para evitar o exceso de conflitividade. E para rematar, faremos unha gala final, na que haberá unha entrega de premios e trofeos, como calquera competición de verdade.

Lectura facilitada

Seguiremos estes pasos para acadar o reto:

NA FASE 1: Coñecerás o reto que tendes que conseguir en equipo. 

NA FASE 2: Veremos o que sabes de varias cousiñas: 

  • Que sabes do Espírito Olímpico.
  • Como funciona un equipo.
  • Que medios de comunicación coñeces. 

NA FASE 3: Divídese en tres partes:

1ª) A PRETEMPADA:

  • Farémola todos xuntos.
  • Practicaremos atletismo.
  • Melloraremos as capacidades físicas básicas. 

2ª) A LIGA COOPERATIVA: 

  • Xogaredes ao Floorball e ao Balonmán.
  • Crearedes os vosos equipos.
  • Serán de nenos e nenas.
  • O dirixirá un capitán.
  • As clases da semana serán unha de adestramento e outra de partido.
  • Total 12 clases de competición.

3ª) A GALA FINAL: 

  • Será unha entrega de premios e trofeos.

NA FASE 4:

  • Crearedes a vosa noticia.
  • Podedes elixir son, vídeo ou texto.
  • Faredes unha presentación ao resto da clase. 

NA FASE 5: 

  • Faredes unha avaliación persoal
  • E outra de equipo.
  • Ao final, faremos unha reflexión conxunta sobre como competir e reducir os conflitos. 

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)