Saltar navegación

4. A vosa noticia

Debuxo que amosa unha conferencia de prensa

Ao longo desta situación de aprendizaxe, aprendiches cousas sobre os Xogos Olímpicos, o Espírito Olímpico e os valores do deporte. Practicaches varias especialidades do atletismo para a túa posta a punto. E despois xogaches, co teu equipo, na nosa "COOPERATION LEAGUE".

Todo ese traballo tiña un obxectivo: aprender a competir dun xeito máis cooperativo; no que o importante sexa o equipo, respectar aos árbitros e aos rivais, e gozar do xogo.

Pois ben, chega o momento de poñerse mans á obra e rematar o voso traballo cooperativo: crear a vosa nova noticia.

Lectura facilitada

Aprendiches cousas sobre os Xogos Olímpicos, o Espírito Olímpico e os valores do deporte.

Practicaches atletismo para a túa posta a punto.

Despois xogaches, co teu equipo, na nosa "COOPERATION LEAGUE".

O obxectivo era aprender a competir dun xeito máis cooperativo.

No que o importante é:

  • O equipo.
  • O respecto aos árbitros e aos rivais.
  • Gozar do xogo.

Chega o momento de rematar o voso traballo cooperativo: crear a vosa nova noticia.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)