EXTRA, EXTRA!!
Antes, cando os periódicos se vendían polas rúas, para captar a atención da xente, berrábase EXTRA, EXTRA!!
Chega o momento de "vender" a vosa noticia, presentándoa diante de toda a clase.
Teremos noticias en formato son, vídeo ou texto. E imos valoralas entre todos e todas.
Aí van as preguntas de valoración:
- Ten a noticia un bo titular que capte a atención do público?
- Explica de xeito claro a experiencia vivida?
- Transmite os valores do espírito olímpico, do xogo limpo?
- O formato elixido (son, vídeo ou texto) podería ser outro?
- Cambiariades o elixido? Por que? Por cal?
- Algunha proposta de mellora?