1.3. O que queremos conseguir
Floorball
-
Definición:
-
Deporte similar ao hóckey no que se utiliza un stick para introducir a pelota na portería contraria.
-
Exemplo:
-
Comezamos un novo deporte moi parecido ao hóckey chamado Floorball.
Habilidades motrices específicas
-
Definición:
-
Son as habilidades propias da técnica de cada deporte.
-
Exemplo:
-
No balonmán serían o bote, o pase ou o lanzamento.
Rol
-
Definición:
-
Función a desenvolver dentro dunha organización ou equipo.
-
Exemplo:
-
Desenvolveu o rol de capitán dunha forma respectuosa coas decisións arbitrais.
Stick
-
Definición:
-
Bastón de plástico que serve para pasar ou lanzar a bola de floorball.
-
Exemplo:
-
Golpeou forte a bola co stick para facer un pase longo.
Táctica
-
Definición:
-
Resolver problemas que xorden na práctica deportiva para acadar o mellor resultado posible.
-
Exemplo:
-
Non encaixaron goles grazas a boa táctica defensiva.
Técnica
-
Definición:
-
Conxunto de habilidades específicas de cada deporte.
-
Exemplo:
-
Para xogar ben ao balonmán hai que botar a pelota cunha boa técnica.

- Coñecer e poñer en práctica deportes individuais (atletismo) e colectivos (balonmán e floorball).
- Descubrir unha nova forma de competir primando a cooperación por enriba do resultado.
- Desenvolver habilidades motrices específicas que requiran a toma de decisións técnicas e tácticas na práctica deportiva.
- Traballar en equipo asumindo as responsabilidades propias e colectivas para acadar un obxectivo.
- Fomentar e promover condutas que favorezan a convivencia, o xogo limpo e a deportividade.
- Experimentar formas de práctica deportiva que contribúan á promoción da saúde física, mental e social.
-
Coñecer e practicar deportes coma o atletismo, balonmán e floorball.
-
Competir dándolle máis importancia a cooperación que ao resultado.
-
Desenvolver habilidades coma o bote, o pase, o salto ou os lanzamentos.
- Traballar en equipo para conseguir un obxectivo.
-
Fomentar comportamentos que favorezan o xogo limpo e a deportividade.
-
Experimentar novas formas de facer deporte para mellorar a nosa saúde.

A experimentar como se prepara unha competición: (organización, repartimento de roles, adestramentos...).

A darlle máis importancia a cooperación que ao rendemento ou o resultado.

A respectar aos distintos participantes da competición (integrantes do propio equipo, árbitros, rivais...).

A asumir responsabilidades para que o traballo en equipo funcione.

A mellorar as habilidades motrices a través de distintos deportes.

A traballar con distintos formatos dixitais para crear unha noticia.