Comproba o que sabes sobre os diferentes roles que compoñen un equipo!
Cando xogamos a calquera deporte de equipo, entre as persoas que o compoñen, hanse de repartir diferentes funcións e tarefas. A continuación, podes acceder a tres tipos de actividades para comprobar canto sabes sobre os roles que as persoas poden adoptar nun equipo, escolle a que prefiras. Na opción A, atoparás os roles nunha sopa de letras; na opción B, completarás a palabra en cuestión tras recibir unha pequena pista; e na opción C, terás que definir coas túas palabras cada un dos roles. Fixeches a túa escolla? Imos aló!
Lectura facilitada
Realiza as actividades.
Permitirán que diferencies entre deporte popular e alternativo.