Saltar navegación

5.4. A gala final

 

Glosario

Gala

Pictograma que representa a unha persoa colgando unha medalla a un deportista

Definición:

Festa na que se reúnen aos participantes dunha competición deportiva para darlles un recoñecemento ao seu traballo.

Exemplo:

Na gala do deporte europeo estiveron todos os membros da selección.

Entrega de premios e trofeos

Como calquera competición con prestixio, haberá unha entrega de premios (diplomas) e trofeos. A diferencia está en que eses premios volos daredes vós mesmos entre vós. E servirán para recoñecer o traballo feito ao longo da nosa liga.

Diplomas

Faredes unha dobre votación. Unha, sobre o voso equipo. E outra, sobre os outros dous equipos. Farase o reconto de votos, e as persoas máis votadas, recibirán un diploma.

Debuxo que amosa un diploma de mellor xogadoraAs categorías a votar son:

A. EQUIPO PROPIO:

    • Mellor animador/a
    • Máis deportivo/a
    • Mellor xogador/a 

B. RESTO DOS EQUIPOS:

    • Mellor animador/a
    • Máis deportiva/o
    • Mellor xogador/a
    • Mellor árbitro
    • Mellor capitá/án

Papeleta entrega de premios en formato editable 

Papeleta entrega de premios en formato PDF (abre en nova xanela)

Trofeos

Pictograma que representa un podio deportivoUtilizaremos como trofeos os que construístes para conseguir os 10 puntos extra. 

Se todos os equipos entregan o seu, elixiredes, por orde da clasificación final da liga, con cal queredes quedar. É dicir, o equipo que quede na primeira posición poderá elixir primeiro. O segundo clasificado, o seguinte. E o terceiro clasificado, quedará co último trofeo.

Para subir ao podio (feito cos bancos) comezarase pola terceira persoa clasificada e recibirase o trofeo nese momento.

Se non hai trofeos, só subiredes ao podio por orde de clasificación.

Lectura facilitada

Haberá unha entrega de premios e trofeos.

Os premios serán uns diplomas.

Faredes unha votación para elixir.

Despois cóntanse os votos.

As persoas máis votadas, recibirán un diploma.

Podes votar:

 A. DO TEU EQUIPO:

  •  Mellor animador/a
  •  Máis deportivo/a
  •  Mellor xogador/a

B. DO RESTO DOS EQUIPOS:

  • Mellor animador/a
  • Máis deportivo/a
  • Mellor xogador/a
  • Mellor árbitro
  • Mellor capitán/á 

Os Trofeos son os que entregan os equipos.

O equipo que gañe a liga poderá elixir primeiro.

O segundo clasificado, o seguinte.

E a persoa clasificada en terceiro lugar, quedará co último trofeo.

En caso de non haber trofeos, só se subirá ao podio por orde de clasificación.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)