
Chegou o final da nosa experiencia. Toca valorar e reflexionar se este xeito de competir axuda a reducir os conflitos, a respectar aos demais e gozar máis do xogo.
Nesta valoración valorarás o teu traballo individual e o do teu equipo, ao longo de toda a situación de aprendizaxe. Ademais, haberá unha gala final na que recompensarás co teu voto o traballo das persoas que penses que o fixeron mellor.
Lectura facilitada
Chegou o final da nosa experiencia.
Vas valorar e reflexionar sobre se este xeito de competir axuda a:
- Reducir os conflitos.
- Respectar aos demais.
- Gozar máis do xogo.
Vas avaliar o teu traballo individual e o do teu equipo.
Haberá unha gala final na tes que votar as persoas que penses que o fixeron mellor.