Saltar navegación

3.2. A nosa "Cooperation League"

 

Glosario

Competición

Pictograma que representa a dúas chicas xogando ao floorball

Definición:

É a rivalidade que hai entre unha o máis persoas para conseguir a mesma cousa. No caso do deporte, gañar ou perder.

Exemplo:

O equipo español de floorball gañou a final da competición ao equipo alemán.

Cooperation League

Pictograma que representa a unha persoa recibindo unha medalla

Definición:

A tradución en galego é "Liga Cooperativa". (Facemos un chisco á "Champions League" ou Liga de Campións de Fútbol).

LIGA é unha competición, onde gaña o equipo que consigue máis puntos despois de xogar varios partidos.

COOPERATIVA significa que o resultado do partido non é o único que suma puntos, senón tamén outros aspectos nos que coopera o equipo.

Exemplo:

O equipo dos "Voadores" gañou a liga cooperativa porque conseguiu todos os puntos de xogo limpo e xogo en equipo.

As bases da competición: EQUIPO e XOGO LIMPO

Pictograma que representa a un equipo con diferentes rolesLembras a noticia da prohibición do fútbol nos recreos? Lembras o noso reto? A nova noticia?

Pois chegou o momento de mudar as cousas!! 

Vas aprender como funciona un equipo nunha competición de verdade. E tamén como organizala para que todo funcione ben. Todo iso o farémolo dentro da clase de Educación Física.

Vas xogar pero tamén terás outros roles dentro do teu equipo. Pode que sexas capitá, ou árbitro, ou adestradora, ou encargado do campo ou de mesa. Todos os membros do equipo son igual de importantes e necesarios, porque iso é UN EQUIPO.

Prepárate para a "NOSA COOPERATION LEAGUE"!!

Lectura facilitada

Lembras a noticia da prohibición do fútbol nos recreos?

Lembras o noso reto?

A nova noticia?

Vas aprender como funciona un equipo nunha competición de verdade.

Tamén como organizala para que todo funcione ben.

O faremos dentro da clase de Educación Física.

Vas xogar pero tamén terás outros roles dentro do teu equipo.

Podes ser árbitro.

Ou adestradora.

Ou encargada do campo ou de mesa.

Todas as persoas do equipo son igual de importantes e necesarios.

Prepárate para  "A NOSA COOPERATION LEAGUE"!

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)