Como o que queremos é dar unha nova noticia que demostre que outro xeito de competir é posible, necesitas saber cales son as túas "fontes de información", os teus coñecementos sobre os valores no deporte e os roles que hai, tanto nos equipos como na organización dun evento deportivo.
Todo iso darache información sobre o que ti pensas que sabes e o que debes saber.
Lectura facilitada
Queremos dar unha nova noticia.
Queremos demostrar que se pode competir doutra maneira.
Necesitas saber:
- Cales son as túas fontes de información sobre eventos deportivos.
- O que sabes dos valores no deporte.
- Que roles hai nun equipo
- E como se organiza un evento deportivo.
Todo iso darache información sobre o que ti cres que sabes.
E tamén o que debes saber.