Saltar navegación

Descubrindo o atletismo

 

Glosario

Antiga Grecia 

Pictograma que representa ao Partenón Grego

Definición:

Período da historia de Grecia, moi importante para a civilización e a cultura, que vai dende o 1200 a.C. ata o 146 a.C. 

Exemplo:

Na Antiga Grecia construíronse monumentos impresionantes.

Venerar

Pictograma que representa a dúas persoas venerando a un deus

Definición:

Mostrar un enorme respecto por algo ou alguén.

Exemplo:

Os templos servían para venerar os Deuses.

Que é o atletismo?

Debuxo que amosa a unha persoa facendo salto de alturaO atletismo é un dos deportes con máis prestixio e relevancia nas grandes competicións, como os Campionatos Mundiais ou as Olimpíadas. Consiste en realizar diferentes probas físicas relacionadas cos desprazamentos a pé, os saltos e os lanzamentos. Algunhas das súas disciplinas son:

Carreiras: hainas de curta, media ou longa distancia. Poden ser individuais ou de remudas, nas que os e as participantes corren por quendas.

Marcha: consiste en camiñar o máis rápido posible, sen chegar a correr. 

Saltos: poden ser de lonxitude, triplo salto, de altura ou de pértega. 

Lanzamentos: consisten en lanzar un obxecto o máis lonxe posible. Este obxecto pode ser un martelo, unha xavelina, un peso en forma de bola ou un disco.

Probas combinadas: nelas realízanse varias probas diferentes que forman parte da mesma competición, por exemplo o heptatlón.

Para saber máis do atletismo...

Imaxe na que se pode ver a Antiga GreciaOs inicios do atletismo datan do ano 776 a. C., na época da Antiga Grecia. Daquela, celebrábanse os Xogos Panhelénicos, 4 competicións dirixidas a venerar aos Deuses. Estas competicións eran os Xogos Ístmicos, os Xogos Píticos, os Xogos Nemeos, e os que xa coñeces, Xogos Olímpicos. 

Nestes Xogos soamente competían homes, os chamados atletas, que competían na busca do éxito e recoñecemento. 

As probas realizadas tiñan o nome de Agóns:

  • Agóns atléticos: realizábanse probas similares ás do atletismo actual.
  • Agóns luctatorios: eran competicións de diferentes tipos de loita. 
  • Agóns hípicos: nos que se realizaban diversas carreiras de cabalos.
  • Pentatlón: foi a primeira proba combinada da historia. 

Lectura facilitada

O atletismo é un dos deportes máis importantes nas competicións.

O atletismo consiste en facer probas relacionadas con moverse a pé, saltar ou lanzar.

As probas do atletismo son as carreiras, a marcha, os saltos, os lanzamentos e as probas combinadas.

As carreiras son probas nas que hai que correr unha distancia ti só ou de remudas. 

Nas carreiras de remudas, os atletas corren por quendas. 

Na marcha, as atletas teñen que camiñar rápido pero sen correr.

Os saltos poden ser de lonxitude, triplo salto, de altura ou de pértega. 

Os lanzamentos poden ser de peso, de disco, de xavelina ou de martelo.

As probas combinadas mesturan varias probas na mesma competición. 

Un exemplo de proba combinada é o heptatlón.

Relaciona

Relaciona cada unha as probas do atletismo co seu nome.

{"typeGame":"Relaciona","author":"","randomCards":true,"instructions":"

Relaciona cada unha as probas do atletismo co seu nome.

","showMinimize":true,"itinerary":{"showClue":false,"clueGame":"","percentageClue":40,"showCodeAccess":false,"codeAccess":"","messageCodeAccess":""},"cardsGame":[{"url":"resources/lanzamiento_de_jabalina.png","x":0.5939654646248653,"y":0.6558729369064857,"author":"","alt":"Debuxo dunha persoa lanzado un obxecto longo","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0.24051718876279635,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Lanzamento%20de%20xavelina"},{"url":"resources/salto_de_altura.png","x":0,"y":0,"author":"","alt":"Debuxo dunha persoa saltando por riba dunha barra","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Salto%20de%20altura"},{"url":"resources/salto_con_pertiga.png","x":0,"y":0,"author":"","alt":"Debuxo dunha persoa saltando unha barra con ayuda dun pau","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Salto%20con%20p%C3%A9rtega"},{"url":"resources/carrera.png","x":0,"y":0,"author":"","alt":"Debuxo de tres persoas correndo","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Carreira"},{"url":"resources/carrera_de_relevos.png","x":0,"y":0,"author":"","alt":"Debuxo de dúas persoas nunha carreira de remudas","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Carreira%20de%20remudas"},{"url":"resources/juego_de_salto.png","x":0,"y":0,"author":"","alt":"Debuxo que amosa unha persoa saltando","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Triple%20salto"},{"url":"resources/salto_de_altura.png","x":0,"y":0,"author":"","alt":"Debuxo dunha persoa que salta para pasar por riba dunha barra","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Salto%20de%20altura"},{"url":"resources/salto_de_longitud.png","x":0,"y":0,"author":"","alt":"Debuxo dunha persoa que salta sobre a area","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Salto%20de%20lonxitude"},{"url":"resources/lanzamiento.png","x":0,"y":0,"author":"","alt":"Debuxo dunha persoa que se dispón a lanzar unha bóla","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Lanzamento%20de%20peso"},{"url":"resources/lanzamiento_(1).png","x":0,"y":0,"author":"","alt":"Persoa que se dispón a lanzar un disco","audio":"","color":"#000000","backcolor":"#ffffff","eText":"","urlBk":"","xBk":0,"yBk":0,"authorBk":"","altBk":"","audioBk":"","colorBk":"#000000","backcolorBk":"#ffffff","eTextBk":"Lanzamento%20de%20disco"}],"isScorm":1,"textButtonScorm":"Gardar a puntuación","repeatActivity":true,"textAfter":"","version":1.3,"percentajeCards":100,"type":0,"showSolution":true,"timeShowSolution":3,"time":3,"evaluation":false,"evaluationID":"","id":"20241218144546-60","msgs":{"msgSubmit":"Enviar","msgClue":"Xenial! A pista é:","msgCodeAccess":"Código de acceso","msgPlayStart":"Prema aquí para xogar","msgScore":"Puntuación","msgErrors":"Erros","msgHits":"Acertos","msgMinimize":"Minimizar","msgMaximize":"Maximizar","msgFullScreen":"Pantalla Completa","msgExitFullScreen":"Saír de pantalla completa","msgNoImage":"Pregunta sen imaxes","msgEndGameScore":"Antes de gardar a puntuación comece a partida.","msgScoreScorm":"A puntuación non se pode gardar porque esta páxina non forma parte dun paquete SCORM.","msgOnlySaveScore":"Só se pode gardar a puntuación unha vez!","msgOnlySave":"Só se pode gardar unha vez","msgInformation":"Información","msgYouScore":"A puntuación","msgAuthor":"Autoría","msgOnlySaveAuto":"A puntuación gardarase despois de cada pregunta. Só se pode xogar unha vez.","msgSaveAuto":"A puntuación gardarase automaticamente despois de cada pregunta.","msgSeveralScore":"Pódese gardar a puntuación tantas veces como se queira","msgYouLastScore":"A última puntuación gardada é","msgActityComply":"Xa realizaches esta actividade.","msgPlaySeveralTimes":"Pódese realizar esta actividade tantas veces como se queira","msgClose":"Pechar","msgAudio":"Audio","msgNumQuestions":"Número de cartas","msgTryAgain":"Necesitas polo menos un %s% de respostas correctas para conseguir a información. Volve tentalo.","msgEndGameM":"Remataches o xogo. A túa puntuación é %s.","msgUncompletedActivity":"Actividade non completada","msgSuccessfulActivity":"Actividade superada. Puntuación: %s","msgUnsuccessfulActivity":"Actividade non superada. Puntuación: %s","msgTypeGame":"Relaciona","msgCheck":"Comprobar","msgRestart":"Reiniciar"}}
0123456789
O navegador non é compatible con esta ferramenta.

A practicar!!

Agora que xa coñeces cales son as capacidades físicas básicas e cales son as especialidades que hai no atletismo, imos facer a nosa pretempada, practicando algunhas delas.

Antes da práctica, bota unha ollada aos vídeos explicativos que aparecen aquí para saber máis.

Lanzamento de peso

Lanzamento de xavelina

Salto de lonxitude

Carreiras de velocidade: Saída de tacos

Carreiras de remudas

Rutina de mobilidade articular

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)