Saltar navegación

2.5. Diario de aprendizaxe

Completa o teu diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Unha vez rematada esta fase 2 o seguinte paso é cubrir os apartados da mesma no teu diario de aprendizaxe.

Nestas páxinas é importante que reflexiones sobre o que xa sabías e coñecías dos Xogos Olímpicos e o espírito olímpico, o que son as condutas deportivas e antideportivas, os roles que hai dentro dun equipo e a importancia dos medios de comunicación para obter información deportiva.

Anota os teus pensamentos e ideas no diario. Reflexionar sobre estes contidos axudarache a saber como os teus coñecementos previos se poñen a funcionar e a buscar conexións para relacionarse cos novas aprendizaxes.

Se imos coñecendo a maneira na que aprendemos nun futuro seremos capaces de aprender mellor.

Lectura facilitada

Unha vez rematada esta fase 2 o seguinte paso é cubrir o teu diario de aprendizaxe.

É importante que reflexiones sobre o que xa sabías dos Xogos Olímpicos,

o que son as condutas deportivas e antideportivas,

os roles que hai dentro dun equipo e a importancia dos medios de comunicación.

Anota os teus pensamentos e ideas no diario. 

Ir ao apartado co diario de aprendizaxe

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)