Saltar navegación

2.1. Prendemos a chama

 

Glosario

Regulamento

Pictograma que representa un caderno co regulamento de xogo

Definición:

Conxunto de regras que regulan unha determinada actividade.

Exemplo:

As persoas que practican un deporte deben coñecer moi ben o seu regulamento.

Reflexión en grupo

Duración:
10 min
Agrupamento:
Toda a clase


Pictograma que representa o logo das olimpíadas

Que son as olimpíadas?

Onde e cando se celebran? Recordas algún país no que se celebraran?

Que é a carta olímpica? en que consiste?

Que é o Comité Olímpico Internacional?

Que premios se dan nas olimpíadas e que significan?

Que deportes olímpicos coñecedes?

Cal é o significado dos aros do logo?

Espírito olímpico

Pictograma que representa a chama olímpica

O deporte significa moito máis que facer exercicio físico. Para ser deportista, primeiro hai que ser unha persoa respectuosa tanto cos compañeiros e compañeiras como cos rivais, esforzarse polos obxectivos individuais e colectivos, comprender como funcionan os organismos relacionados co deporte, coñecer o regulamento, entre moitas outras cousas. 

Ó longo dos anos, os Xogos Olímpicos foron un dos escaparates máis importantes tanto para o deporte en si como dos e das deportistas que participan neles. Nesta competición, podemos observar exemplos de este tipo de actitudes. É o que se coñece como o espírito olímpico. Credes que podedes prender a chama do espírito olímpico no deporte que practicades no voso centro? Imos intentalo!

Lectura facilitada

O deporte é moito máis que exercicio físico.

Os e as deportistas son persoas respectuosas.

Os e as deportistas esfórzanse polos seus obxectivos.

Os e as deportistas coñecen os organismos e os regulamentos deportivos.

Os Xogos Olímpicos son un evento moi importante para os deportes e as deportistas.

O espírito olímpico son o conxunto de actitudes positivas que podemos ver nos Xogos Olímpicos.

Ti crees que podedes usar o espírito olímpico no teu colexio? Imos intentalo!

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)