Saltar navegación

1.2. Unha nova noticia

 

Glosario

Cooperar

 Pictograma que representa a un grupo de persoas falando

Definición:

Traballar en equipo para conseguir un obxectivo común e para iso, todas as persoas  do equipo son necesarias.

Exemplo:

Nos deportes colectivos coma o balonmán, o acrosport etc., trabállase en equipo.

Competir

Pictograma que representa a unha nena gañando unha competición

Definición:

Rivalizar, loitar, combater, disputar contra unha o máis persoas.

Exemplo:

O equipo de 6º A compite contra o de 6º B por gañar a liga.

Organización

Pictograma que representa un espazo organizado para celebrar unha reunión

Definición:

É un grupo de persoas que traballan xuntas, con distintos roles para lograr facer algo.

Exemplo:

A organización da liga de balonmán vai ter árbitros, anotador, encargadas do material, xornalista...

O noso reto

Debuxo que amosa unha nova noticia na prensaImos demostrar que si! Que podemos competir dun xeito diferente, máis cooperativo.

Como? Faremos unha liga cooperativa dentro da clase de EF.

Teredes que organizar a competición e tamén aos vosos equipos. Repartirédesvos distintos roles dentro de cada equipo como se fai nas competicións de verdade.

Aprenderás a cooperar como un equipo nunha competición de verdade!

E despois de vivir a experiencia... o voso reto será, facer unha nova noticia (vídeo, periódico, radio) contando ao mundo a vosa experiencia ca nosa “Cooperation League”.

Que che parece? Conseguirémolo?

Lectura facilitada

O voso reto será facer unha nova contando a vosa experiencia na nosa “Cooperation League”.

Demostraremos que podemos competir dun xeito máis cooperativo.

Faremos unha liga cooperativa dentro da clase de EF.

Seredes os encargados da organización da competición: árbitros, material...

Seredes os encargados dos vosos equipos: as adestradoras, xogadoras, periodistas...

Aprenderás a cooperar como un equipo de verdade!

Que che parece?

Conseguirémolo?

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)