Saltar navegación

4.3. Diario de aprendizaxe

Completa o teu diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Chegou o momento de que cubras os apartados da Fase 4 do teu diario de aprendizaxe.

Nesta fase elaborastes a vosa noticia deportiva despois da participación na 'Cooperation League'.

O traballo en equipo, as veces, non é sinxelo, e sobre isto, deberás reflexionar no teu diario de aprendizaxe: Como foi o proceso de repartir os roles e tarefas para a confección da noticia? Colaboraches na realización da mesma? Cal foi o teu papel na súa elaboración? Houbo algo que non che gustara? Estas e outras cuestións serán as que poderás comentar no teu diario.

Recorda que este proceso de análise e reflexión axudarache a asimilar mellor todas as aprendizaxes que che está a beneficiar este reto.

Lectura facilitada

Tes que cubrir a Fase 4 do teu diario de aprendizaxe.

Nesta fase elaborastes a vosa noticia deportiva.

Reflexiona sobre o traballo en equipo,

Como vos repartistes os roles e tarefas?

Colaboraches na realización da noticia?

Cal foi o teu papel na súa elaboración?

Houbo algo que non che gustara?

Esta reflexión axudarache a asimilar mellor todas as aprendizaxes deste reto.

Ir ao apartado co diario de aprendizaxe

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)