Son os movementos físicos máximos que pode realizar o noso corpo.
Exemplo:
Unha ximnasta rítmica chega aos límites motrices da súa flexibilidade.
Oposición
Definición:
Resistencia ou obstáculo a superar.
Exemplo:
Nun campionato de halterofilia, a oposición a superar é o peso que hai na barra.
Que son as capacidades físicas básicas?
Os seres humanos, ademais de ir aprendendo habilidades a medida que medramos, tamén nacemos cunhas capacidades que ten o noso corpo que nos permiten facer moitísimas actividades, entre elas superar e mellorar os nosos límites físicos e motrices. Son as nosas capacidades físicas básicas e se as traballamos melloran e melloran, e permítennos facer cousas cada vez máis complexas, algunhas incribles. Pero… cales son os compoñentes das capacidades físicas básicas?
Forza
Flexibilidade
Resistencia
Velocidade
A forza é a capacidade que permite superar unha oposición grazas ao esforzo muscular. A forza permíteche soster ou mover obxectos pesados e vencer a gravidade. Cando colles unha mochila, levantas unha caixa ou empurras unha cadeira de rodas estás usando a túa forza. Un bo traballo de forza axudará a protexer as articulacións, previr ou evitar lesións e permitir a que os osos e músculos estean sans.
A flexibilidade é a capacidade que temos de estirar e mover os nosos músculos e articulacións, é dicir, de facer movementos de grande amplitude. Canto máis te poidas estirar, máis movementos amplos poderás facer, o que che permitirá exercer mellor a forza e cansarte menos. Lembra que é importante manter os músculos flexibles para evitar lesións.
A resistencia é a batería do corpo. Permíteche xogar e manter un esforzo o maior tempo posible. Cando sobes escaleiras, xogas a un deporte ou camiñas longas distancias, estás a usar a túa resistencia. Canto menos resistencia teñas, antes te cansarás.
E por último, a velocidade, que é a capacidade que che permite reaccionar o máis rápido posible en calquera situación, facer movementos ou xestos coa máxima rapidez, e de desprazarte dun lugar a outro no menor tempo posible.
Agora terás que amosar o teu coñecemento sobre as capacidades físicas básicas nas seguintes tarefas, nas cales verás cales son os seus compoñentes e poderás darte conta da grande importancia que teñen… non só no deporte... senón tamén na túa vida!!
Lectura facilitada
Os seres humanos nacemos cunhas capacidades físicas
que nos permiten mellorar e superar os nosos límites físicos.
Chámanse as capacidades físicas básicas.
Estes son os seus compoñentes.
Hai 4 capacidades físicas básicas:
1. Forza: capacidade que permite superar obstáculos ou oposicións utilizando o esforzo muscular.
Grazas a ela podemos levantar unha caixa, por exemplo.
2. Flexibilidade: capacidade de estirar e mover os nosos músculos e articulacións.
É moi importante para previr lesións.
3. Resistencia: capacidade que permite manter esforzos durante un tempo prolongado.
Grazas a ela podemos camiñar ou correr grandes distancias, por exemplo.
4. Velocidade: capacidade de realizar un esforzo o máis rápido posible.
Desprazarnos dun lugar a outro no menor tempo posible sería un exemplo.
As capacidades físicas básicas poden estar presentes en accións da túa vida cotiá.
Aquí tes varios exemplos nos cales terás que seleccionar a opción correcta… serás capaz de conseguilo?? Seguro que si!!
Se queres subir ao autobús e ves que está a punto de marchar, a @@velocidade@@ poderá axudarche a chegar a tempo.
Se queres axudar a unha persoa que caeu o chan a erguerse, a @@forza@@ será a capacidade que interveña nesa acción.
Cando atopas un gran charco e queres superalo dando unha zancada grande, estás utilizando a @@flexibilidade@@ para non mollarte.
Se che apetece visitar a un familiar dando un paseo na bicicleta e tes unha distancia longa ata a súa casa, a @@resistencia@@ axudarache a chegar ao teu destino.
O navegador non é compatible con esta ferramenta.
As capacidades físicas básicas no deporte
Arrastra cada tarxeta á capacidade física básica que corresponda