Comportamento correcto e respectuoso cos contrincantes, co árbitro e co público, xogando sen facer trampas. É dicir, "xogo limpo".
Exemplo:
Axudar a levantarse a alguén do chan, animar aos compañeiros, falar educadamente cos árbitros, dar a man aos contrarios...
Conduta antideportiva
Definición:
É unha ofensa que fai un deportista a un rival, ao público, ao árbitro, a un compañeiro, e incluso ao propio deporte, incumprindo as regras da deportividade e do xogo limpo.
Exemplo:
As pelexas, os insultos, as burlas a un opoñente ou a un árbitro, unha celebración excesiva despois dun gol ou finxir unha lesión.
Reflexionamos xuntos
Duración:
5
Agrupamento:
Toda a clase
Cales son os principais problemas que vos encontrades á hora de facer deporte e competir?
Que cousas positivas ou negativas vedes na competición?
Viviches algunha situación positiva nalgunha competición? E algunha negativa?
Que pensas que é "Xogo en equipo"? E "Xogo Limpo"?
Cando falamos de deporte, tendemos a pensar en deporte de competición. En gañar, gañar e gañar. Custe o que custe. Pero o deporte é moito máis que iso. O deporte tamén é xogar, gozar, divertirse, facer exercicio. Non só é competir.
Na televisión, nos periódicos, na Internet... vemos continuamente situacións, nas que os deportistas reaccionan de xeitos diferentes.
Insultar aos árbitros ou xogadores, pelexar ou empurrar dentro e fóra do campo de xogo, non devolver o saúdo ao contrario, facer trampas.... son CONDUTAS ANTIDEPORTIVAS que vemos constantemente.
E polo contrario, aplaudir boas xogadas dos contrarios, dar a man aos árbitros e aos rivais, animar aos compañeiros, consolar aos xogadores que perden, axudar á chegar á meta aínda que perdan algún posto na clasificación final... Son algunhas das CONDUTAS DEPORTIVAS, dos valores deportivos dos que fala o "espírito olímpico".
Investigando para o nosa noticia
No noso día a día, nos xogos, nos recreos, nas clases de Educación Física... vemos moitas situacións das que falabamos antes.
Ides poñervos no rol de xornalista de investigación, e observar cales son as condutas deportivas ou antideportivas que vedes nos vosos xogos, nos recreos e nas clases de E.F. ao longo desta semana.
Facilitámosvos unha pequena FICHA DE OBSERVACIÓN, para que rexistredes os datos da vosa investigación. Despois, poñerémolo en común co resto da clase. Deste xeito, descubriremos o que facemos ben e o que non para poder poñelo en práctica na nosa "Cooperation League".