Fixen unha autoavaliación do meu traballo nas clases de E.F.
Coavaliación
Definición:
Valorar ás compañeiras e compañeiros nun traballo.
Exemplo:
A coavaliación serve para comentar o traballo dos compañeiros de equipo.
Rúbrica
Definición:
É unha táboa na que se valora o nivel de logro das aprendizaxes e traballos feitos polo alumnado.
Exemplo:
Fixemos unha rúbrica sobre o que aprendemos das capacidades físicas básicas.
A túa autoavaliación
Nesta parte deberás valorar o teu traballo durante esta situación de aprendizaxe. Tes dous documentos que cubrir, nos que debes marcar o que creas que acadaches. (Lembra que a sinceridade, axúdache a coñecerte mellor)
Lista de control con diferentes cuestións relacionadas co teu traballo persoal e no teu equipo.
Ao longo desta situación de aprendizaxe, probaches como funciona un equipo nunha competición de verdade, como se organiza, porque son tan importantes os valores no deporte; ademais de coñecer as bases de tres deportes diferentes.
Para poder analizar dun xeito máis detallado o traballo feito nestas clases, vas facer unha valoración do traballo en equipo.
Deste xeito, estás a facer unha coavaliación, é dicir, que cooperas co teu grupo na vosa avaliación.
Para facela tes que xuntarte co teu equipo e cubrir a rúbrica que tes no seguinte epígrafe.
Lede amodo para poder escoller a mellor opción.
Unha vez cuberta, faremos unha reflexión conxunta entre toda a clase sobre a experiencia vivida.
Lectura facilitada
Imos valorar o traballo feito.
Probaches como funciona un equipo nunha competición de verdade.
Como se organiza unha liga.
Porque son tan importantes os valores no deporte.
Ademais practicaches tres deportes diferentes.
Agora vas facer unha valoración do traballo do teu equipo.
Isto chámase, coavaliación.
Para facela tes que xuntarte co teu equipo
e cubrir a rúbrica que tes no seguinte apartado.
Despois, faremos unha reflexión entre toda a clase sobre a experiencia vivida.
Audio
Rúbrica
Selecciona o nivel que pensades que conseguiches co voso traballo en equipo.
Rúbrica do traballo en equipo
Fixémolo xenial porque...
Fixémolo bastante ben porque...
Costounos un pouco porque...
Temos que mellorar porque...
Elaboración da noticia
Non necesitamos seguir a plantilla dada e conseguimos facela moi ben. (1)
Variamos algunha cousa da plantilla dada e conseguimos facela bastante ben. (0.75)
Seguimos a plantilla dada e costounos facela. (0.50)
Fixemos a noticia ca axuda do mestre todo o tempo. (0.25)
Exposición da noticia
Fixemos unha exposición moi clara e entretida, na que participamos todos, utilizando o formato elixido sen dificultades (1)
Conseguimos expoñer a noticia, aínda que algún compañeiro non participou, utilizando o formato elixido (0.75)
Transmitimos a noticia con algunhas incoherencias e dificultades co formato elixido. (0.50)
Non a tiñamos ben preparada e non participamos todos; ademais tivemos moitas dificultades co formato elixido. (0.25)
Participación nas clases
Participamos todas e todos moito, axudándonos constantemente. (2)
Implicámonos bastante e colaborabamos case sempre. (1.75)
Case todas as persoas participamos, aínda que houbo días que non nos concentramos moito no traballo (1.25)
Só traballabamos cando nos apetecía e discutíamos moito. (0.75)
Axuda, colaboración e cooperación no equipo
Axudámonos todas as persoas sempre. Ante un conflito atopabamos solucións en equipo. (2)
Case sempre todas e todos colaboramos e tratabamos de falar para atopar solucións. (1.75)
Só algúns traballaron en equipo. (1.25)
Tiñamos moitos conflitos e costounos cooperar e traballar en equipo. (0.75)
Organización interna
Foi moi boa. Sen axuda da mestra/e, e, ás veces, axudamos a outros equipos. (2)
Conseguimos organizarnos bastante ben e sen axuda. (1.75)
Aínda que necesitamos ás veces axuda da mestra, o equipo traballou con autonomía. (1.25)
Non foi boa. Tiña que axudarnos moito a mestra. (0.75)
Resolución pacífica de conflitos
Cando había algún conflito, falabámolo e buscabamos solución todos xuntos. (2)
Case sempre conseguimos resolvelos, e fomos mellorando na resolución. (1.75)
Ás veces necesitamos a axuda da mestra para resolvelos; aínda que fomos mellorando cada día na resolución. (1.25)
Case sempre necesitamos axuda para resolvelos. (0.75)