Saltar navegación

Como conseguimos os puntos

O noso sistema de puntuación

Como xa sabes, a nosa liga é un pouquiño distinta, máis cooperativa. Por iso, o noso sistema de puntuación, tamén vai ser distinto. Imos darlle máis valor a todo o que ten que ver co traballo do equipo e o respecto aos rivais e ao xogo limpo. Como? Pois moi fácil:

En cada partido pódense conseguir entre 1 e 9 PUNTOS:

Por partido

Imaxe na que se pode ver un marcador 0-0

Partido Gañado = 3 puntos

Partido Empatado = 2 puntos

Partido Perdido = 1 punto

Bandeira e bandeirola de agasallo

Pictograma que representa a bandeira dun equipo

Por levar unha bandeira deseñada polo equipo ao partido = 1 punto

Pictograma que representa a bandeirola dun equipo

Por entregar unha bandeirola de agasallo ao equipo rival = 1 punto

Vestimenta

Pictograma que representa a un equipo ca súa vestimenta de equipo

Por xogar o partido, todo o equipo, ca vestimenta elixida = 1 punto

Berro de equipo

Os xogadores soen xuntarse ao principio do partido para facer o seu berro de ánimo.

Por facelo antes de comezar o partido = 1 punto

Aquí tes a coñecida "Haka" que fai o equipo dos "All Blacks" por se serve de inspiración:

Xogo limpo ("Fair Play")

Imaxe que amosa o logo do FAIR PLAY

O capitán do equipo que arbitra, pode darlle a cada equipo 1 punto, por respectar as 

regras do xogo, aos rivais e aos árbitros (condutas deportivas).

Xogo en equipo

Imaxe que amosa a un equipo reunido nun campo de xogo

O capitán do equipo que arbitra, pode darlle a cada equipo 1 punto, se observa que intentan que todos xoguen e anímanse constantemente (condutas deportivas).

Estes dous últimos puntos so pode concederllos a persoa capitá do equipo que arbitra.

Para tomar esa decisión, pode consultar aos árbitros do seu equipo e ao anotador/a cando están cubrindo a acta ao final do partido.

Tamén se poden conseguir PUNTOS EXTRA:

Noticias de adestramento e partido

Pictograma que representa a unha xornalista escribindo unha noticia

Despois de cada adestramento ou partido, os xornalistas de cada equipo, poden escribir unha pequena noticia relatando o que aconteceu nese día. Se na seguinte clase, entregan unha noticia = 1 punto extra.

Trofeo

Imaxe que amosa unha mesa con trofeos reciclados

Se o equipo deseña e constrúe, con material de refugallo, un trofeo, e o entrega antes de que remate a competición = 10 puntos extra.

Lectura facilitada

A nosa liga é cooperativa.

O noso sistema de puntuación, vai ser distinto.

Ten máis valor o traballo do equipo, o respecto aos rivais e o xogo limpo. 

En cada partido pódense conseguir entre 1 e 9 PUNTOS:

Por partido xogado:

  • Gañado = 3 puntos
  • Empatado = 2 puntos
  • Perdido = 1 punto

Por levar a bandeira do equipo ao partido = 1 punto

Por levar unha bandeirola de agasallo ao equipo rival = 1 punto

Por xogar co equipamento elixido = 1 punto

Por facer o berro de ánimo antes do partido = 1 punto

O capitán do equipo que arbitra, pode darlle a cada equipo 2 puntos máis, por:

  • Xogo limpo: respectar as regras do xogo, aos rivais e aos árbitros (condutas deportivas).
  • Xogo en equipo: intentan que todos xoguen, se animan (condutas deportivas).

Tamén pódense conseguir PUNTOS EXTRA:

  • Por entregar unha noticia despois dun adestramento ou partido = 1 punto extra.
  • Por construír un trofeo co material de refugallo = 10 puntos extra.

O trofeo, hai que entregalo antes de que remate a competición. 

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)