PRETEMPADA
Antes de comezar a competición de calquera deporte, existe unha fase previa de preparación física.
Nesta etapa de acondicionamento, tamén chamada pretempada, o obxectivo é acadar a mellor forma física para poder competir e obter o máximo rendemento ou, o que é o mesmo, facer unha boa posta a punto. Para isto é fundamental traballar as capacidades físicas básicas, xa que son a base para realizar calquera actividade física.
Nós imos facer a nosa "posta a punto", traballando as nosas Capacidades Físicas Básicas, a través do "Deporte Rei" nas olimpíadas: o atletismo.
Alá imos!!!
Lectura facilitada
As persoas deportistas fan unha "PRETEMPADA" antes da competición.
Hai que prepararse fisicamente.
Traballaremos as Capacidades Físicas Básicas (Velocidade, Flexibilidade, Forza e Resistencia).
Utilizaremos o "Deporte Rei" das olimpíadas: o atletismo.
Alá imos!!!