Saltar navegación

Xogamos a balonmán

 

Glosario

Circunferencia

Pictograma que representa unha circunferencia

Definición:

Medida dunha esfera (neste caso unha pelota) se a rodeamos pola súa parte máis ancha.

Exemplo:

Medimos a circunferencia dunha pelota cunha cinta métrica.

Resina

Pictograma que representa un tubo de resina

Definición:

Substancia viscosa que no balonmán se coloca no balón para aumentar o agarre, evitando que esvare.

Exemplo:

A resina dos balóns haina que mudar cada certo tempo.

Que é o balonmán?

O balonmán é un deporte de pelota no que se enfrontan dous equipos de 7 xogadores ou xogadoras cada un (6 de campo e unha/un porteira/o), tendo como obxectivo meter gol na portería do equipo contrario. Cando un xogador ou xogadora ten a pelota, debe desprazarse botando o balón, ou ben dando un máximo de 3 pasos sen botar.  Este deporte é olímpico dende 1972 na súa disciplina masculina e dende 1976 na feminina. Imaxe na que se pode ver a unha deportista lanzando un balón de balonmán

Terreo de xogo: xógase nunha pista rectangular de 40 metros de longo por 20 metros de largo. Esta, está dividida en dúas metades, tendo cada unha delas unha portaría rodeada por unha área para o/a porteiro/a, na que os xogadores de campo non poden entrar. 

Material empregado: ó balonmán xógase cunha pelota dun tamaño suficiente para ser agarrada cunha soa man (55-60 centímetros de circunferencia). É habitual que se lle bote resina á pelota para mellorar o agarre. 

Lectura facilitada

O balonmán é un deporte de pelota no que xogan dous equipos.

Cada equipo de balonmán ten 7 persoas.

Unha delas é o porteiro ou porteira.

O balonmán é un deporte olímpico.

A pista de balonmán ten forma de rectángulo.

A pista de balonmán ten 40 metros de longo e 20 metros de largo.

A pista de balonmán ten dúas portarías.

A pista de balonmán ten dúas áreas, unha para cada porteiro ou porteira.

As persoas que no son o porteiro ou a porteira non poden entrar na área.

Ao balonmán xógase cunha pelota.

A pelota de balonmán ten un tamaño que permite collela cunha soa man.

Quero ver...

Un vídeo dunha competición de balonmán

Un vídeo explicativo do balonmán

Imos practicar!

A continuación, tes varios exemplos de xogos e actividades de floorball, que podes empregar nas sesións de adestramento xunto ao resto de integrantes do teu equipo.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)