A noticia pode ser para calquera medio de comunicación (radio, televisión ou xornal). O que vós elixades. Podedes contar cos materiais dispoñibles no centro e cunha pequena guía para a súa elaboración.
A continuación podedes ver as opcións que tedes para elixir o formato, é dicir, a forma na que presentaredes a noticia. Botade un ollo e... elixide a que máis vos guste!
Son (podcast)
Para elaborar a noticia en formato son, poderedes utilizar a radio do cole.
Pode darse o caso de que no voso centro non teñades radio escolar, pero isto non ten por que ser un impedimento, cun simple portátil que teña o programa Audacity será suficiente para poder gravala, senón podedes utilizar unha gravadora ou unha tableta.
Como xa sabedes, é preciso facer un guión, para isto, tedes a vosa disposición o seguinte modelo:
Audiovisual (vídeo)

Se vos decidides por elaborar a noticia en formato audiovisual, é dicir, a través dun vídeo, precisaredes utilizar recursos como as tabletas, a cámara do cole ou a encerado dixital se dispón de cámara. Se no centro dispoñedes de croma, podedes darlle un toque máis profesional.
Antes de realizar a gravación é necesario distribuír os roles e funcións de cada integrante do equipo así como a elaboración do guión da noticia, para isto, podedes apoiarvos no seguinte documento:
Texto (xornal)

Por último, tedes a opción de elaborar a vosa noticia en formato escrito, coma se fose ser parte da revista ou xornal do voso centro. Neste caso, o soporte pode ser en papel ou dixital.
Podedes consultar os dous documentos para crear as vosas noticias en función do formato que elixades. Botádelle un ollo: