Como será o noso horto?
O primeiro paso para crear un horto escolar é decidir como será. É moi importante pensar onde o imos situar xa que, dependendo do lugar, terá unhas características ou outras.

Segundo o espazo, podemos elixir entre catro tipos de horto, cada un coas súas propias características:
- Horto en terra ou tradicional
-
É o tipo de horto máis común, os cultivos van directamente no chan. Precisa de espazo para nove ou máis bancais.

- Horto en macetas ou recipientes
-
Resultan ideais cando non se ten moito espazo. Para plantar, pódense utilizar macetas, xardineiras ou recipientes reciclados (botellas, caixas de madeira...).

- Horto vertical
-
Resultan moi útiles cando se ten pouco espazo horizontal, xa que se utiliza o espazo en altura. Cultívase en estruturas verticais, como palés, botellas colgantes ou paredes verdes.

- Horto hidropónico
-
Este tipo de horto é perfecto para interiores ou lugares sen chan adecuado. Non utiliza terra, senón auga enriquecida con nutrientes para cultivar as plantas.

Lectura facilitada
Para crear un horto escolar, primeiro hai que decidir como vai a ser.
É moi importante pensar onde vai a estar situado.
Segundo o lugar, terá unhas características ou outras.
Segundo o espazo, hai catro tipos de horto:
No chan: cultívase directamente no chan.
En macetas ou recipientes como botellas, caixas...
En vertical, con palés, botellas colgantes, paredes...
Hidropónico, en recipientes con auga enriquecida, sen terra.

