Diario de aprendizaxe
Xa construímos o horto e elaboramos todo o que precisabamos para iso. Agora chegou o momento de facer a reflexión final. É importante analizar os resultados identificando o que funcionou ben e o que se podería mellorar. Non teñas medo a facer suxestións que axuden a perfeccionar o proxecto.
Pensa en como foi esta experiencia dende o inicio ata os resultados finais. Esta reflexión axudarache a comprender mellor o proceso e a prepararte para abordar outros retos de aprendizaxe no futuro.
Lectura facilitada
Rematamos a fase cinco.
Debes escribir no diario de aprendizaxe todos os apartados desta fase.
Analizar que cousas funcionaron e cales non.
Facer achegas e propostas de mellora.
Reflexionar sobre toda a experiencia.
Resultará moi útil para o futuro.