Hora de plantar!
Chegamos a un dos momentos máis emocionantes da creación do horto: a hora de plantar. Neste intre, teremos que seleccionar, preparar e sementar ou transplantar os nosos cultivos, asegurándonos de que teñan un desenvolvemento saudable dende o principio.
Imos sementar o bancal da nosa clase. Estades preparados? 3, 2, 1... Comezamos!
Materiais que precisamos

Como o facemos?
- Usa a corda ou fío para marcar as liñas onde se sementarán as sementes ou se plantarán os plantóns.
- Asegúrate de deixar suficiente espazo entre as plantas, segundo o tipo de cultivo (ver instrucións do calendario de sementeira).
- Fai un burato no chan coa axuda dunha pa e coloca a semente ou o plantón á profundidade recomendada (normalmente o dobre do seu tamaño).
- Comproba que as raíces estean ben cubertas con terra e que a planta estea recta e firme no chan.
- Rega lixeiramente despois de sementar ou plantar.
- Asegúrate de que o chan quede húmido, pero non demasiado mollado, para que as sementes xerminen correctamente.
- Escribe nun marcador o nome da planta e a data de plantación.