Diario de aprendizaxe
Antes de comezar co diario de aprendizaxe se non sabes o que é, dedica uns minutos a ler as explicacións sobre el e o seu uso. Podes ver o documento desde o apartado sobre o diario de aprendizaxe.
Nesta primeira fase, descubriches en que consiste o reto. Agora, no teu diario debes pensar e escribir sobre "que" e "como" aprendiches nesta fase. Busca a páxina que corresponde á fase 1 e completa todos os apartados. Non tes présa, non o fagas ao chou, faino con sentidiño. Reflexiona sobre o teu traballo e sobre a maneira na que aprendes. Lembra escribir con sinceridade para coñecer os teus puntos fortes e débiles e, así, mellorar a túa aprendizaxe.
Lectura facilitada
Agora toca escribir no diario de aprendizaxe.
Se non sabes o que é un diario de aprendizaxe podes premer nesta ligazón (nova xanela).
Busca a páxina da fase 1 e completa as actividades.
Pensa antes de responder.
Reflexiona sobre o que aprendiches.
Di a verdade para coñecer os teus puntos fortes e débiles e mellorar a túa aprendizaxe.