Saltar navegación

1.2. Somos axentes de cambio

 

Glosario

Pegada de carbono

Dúas pegadas sobre o planeta Terra
Definición:

Cantidade de gases prexudiciais que soben á atmosfera debido á actividade humana e producen o sobrequecemento do planeta.

Exemplo:

Irei en bicicleta e non no coche para diminuír a miña pegada de carbono.

Sostible

Dúas mans sostendo o planeta Terra
Definición:

É todo aquilo que se pode manter ou continuar por moito tempo sen danar o medio ambiente ou esgotar os recursos.

Exemplo:

Para regar o xardín aproveitei a auga da choiva.

Un gran reto

O planeta necesita da nosa axuda. Gran parte da rapazada non ten información sobre como se cultivan os alimentos que consomen e da gran pegada de carbono que deixan ata chegar á nosa mesa.

Necesitamos animar a todo o colexio a que parte dos alimentos que consuman nas súas casas os consigan do xeito máis sostible posible e fomentar o consumo de produtos de tempada e proximidade.

E se creamos un horto escolar? E se o mantemos da forma máis respectuosa co medio ambiente?

Xuntos podemos facer a diferenza! 

Mans plantando una planta nun burato na terra

Lectura facilitada

O planeta necesita a nosa axuda.

A rapazada non sabe como se cultivan os alimentos.

Non sabe como chegan á nosa mesa.

Temos que animar ao alumnado a consumir alimentos bos co medio ambiente,

que sexan de tempada e proximidade.

E se creamos un horto escolar?

E se o mantemos da forma máis respectuosa co medio ambiente?

Xuntos faremos a diferenza!

Precisas axuda?


Para crear o noso horto escolar debemos ter en conta algunhas cuestións como:

Sol brillante amareloTen que estar situado nun lugar con luz natural e directa case todo o día.

Man facendo un deseño dunha pezaTi e as persoas do voso equipo faredes o deseño.

Persoa sentada nunha mesa diante do ordenador con papeis Debes buscar información das especies a sementar e dos materiais necesarios.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)