Glosario
Agricultura ecolóxica
- Definición:
-
Forma de agricultura que respecta ao medio ambiente utilizando abonos de orixe natural coma o compost.
- Exemplo:
-
A agricultura ecolóxica coida a terra e dá alimentos sans.
Compost
- Definición:
-
Substancia que se obtén da descomposición de froitas, verduras, follas... e que utilizamos para cultivar as plantas.
- Exemplo:
-
Imos botar ao composteiro estas mondas de plátano.
Envases non biodegradables
- Definición:
-
Son envases que cando se descompoñen poden danar o medio ambiente porque liberan substancias ou químicos tóxicos.
- Exemplo:
-
Esa botella de deterxente non é biodegradable.
Pegada de carbono
- Definición:
-
Cantidade de gases prexudiciais que soben á atmosfera debido á actividade humana e producen o sobrequecemento do planeta.
- Exemplo:
-
Irei en bicicleta e non no coche para diminuír a miña pegada de carbono.