Que sabemos?
Lembrades que xa aprendestes moitas cousas sobre as plantas en cursos anteriores? As plantas son seres vivos moi interesantes e teñen moitas características especiais. Para refrescar todo o aprendido, ides reflexionar co voso grupo sobre o papel importante que xogan nas nosas vidas, que nos poden achegar e que podemos facer nós desde a escola ou desde casa para contribuír ao coidado e á protección da flora da nosa localidade. Para facelo, utilizaredes a técnica de aprendizaxe cooperativa do folio xiratorio.

Lectura facilitada
En cursos anteriores aprendemos moitas cousas sobre as plantas.
As plantas son moi interesantes.
Vas pensar co teu grupo cal é a importancia das plantas.
Que nos dan.
Que podemos facer para axudar a protexer e coidar as plantas da nosa localidade.
Utilizaremos a técnica do folio xiratorio.
Audio
Necesitades axuda para saber como se fai esta técnica?
Primeiro colócase un folio ou o modelo que aparece na imaxe, no centro da mesa e escríbese o nome do equipo.
Modelo folio xiratorio as plantas en formato PDF (nova xanela).
Modelo folio xiratorio as plantas en formato editable SVG (abre en nova xanela).
Cada integrante do equipo, por quendas, irá anotando as palabras ou ideas que lle veñan á cabeza sobre o tema a reflexionar. Debe comentalas co resto do equipo antes de escribilas no folio. Os demais deben comprobar se queda ben anotada a idea acordada e realizar correccións se é necesario. Todo o equipo é responsable do que se escribe no folio. A continuación, pasará o folio á persoa que teña á súa dereita.

Unha vez rematado o tempo, compártese o que se foi anotando co resto da clase o que fomos anotando no folio xiratorio.

Lectura facilitada
Colocamos o folio no centro da mesa ou utilizamos un modelo.
Escribimos o nome do equipo.
Cada integrante do equipo, por quendas, di aos compañeiros e compañeiras que vai a escribir.
Mentres escribe, os demais comproban que vai ben.
Pasa o folio á persoa da súa dereita.
Cando remate o tempo, compartimos con toda a clase o que anotamos.
Modelo folio xiratorio as plantas en formato PDF (nova xanela).
Modelo folio xiratorio as plantas en formato editable SVG (abre en nova xanela).
