Xogamos en equipo
Imos xogar todos xuntos. O xogo consiste en pasar duns a outros unha "bomba" que tarda un tempo descoñecido en estoupar. Cada vez que a "bomba" caia nas túas mans, debes dicir unha palabra que se inclúa nunha determinada categoría. Se a palabra é correcta, podes pasar a "bomba" a outro xogador antes de que estoupe nas túas mans.

Entre toda a clase seredes capaces de dicir todas as palabras relacionadas coas plantas?
Que necesitaremos?
- A "bomba" (pode ser un obxecto brando e lixeiro en forma de planta, algunha froita/hortaliza ou unha bóla).
- Un cronómetro ou música para determinar cando "estoupa a bomba".
- Un espazo amplo para que toda a clase se poida sentar comodamente en círculo.
Regras do xogo
Inicio
Sentamos en círculo.
A persoa docente ou unha voluntaria/o inicia a música ou o cronómetro.
Comezades a pasar a planta explosiva.
Mentres se pasa a "bomba"
Cada quen, ao recibir a bomba, debe dicir algo relacionado coas plantas da categoría na que está antes de pasala á seguinte persoa.
Por exemplo, se a categoría é partes da planta: follas, raíz...
Quen quede coa bomba
Cando a música pare ou o cronómetro chegue a cero, a persoa que teña a bomba debe cumprir un reto divertido como:
- Imitar como medra unha planta.
- Dramatizar como unha árbore resiste o vento.
- Cantar unha canción sobre a natureza.
- Debuxar unha planta no aire coas mans.
- Nomear cinco flores que coñeza.
- Explicar como medran as raíces.
A continuación, o xogo reinicia ata que todos participedes varias veces ou o tempo asignado remate.
Ideas de categorías
Para evitar repetir o mesmo, podemos ir cambiando a categoría das respostas en cada rolda. Por exemplo:
- Rolda 1: partes das plantas.
- Rolda 2: tipos de plantas ou árbores.
- Rolda 3: usos das plantas.
- Rolda 4: algo que necesitan as plantas para vivir.
- Rolda 5: plantas das que comemos a raíz.
- Rolda 6: plantas das que comemos o talo.
- Exemplos de tarxetas de categorías en formato PDF (nova xanela)
- Exemplos de tarxetas de retos en formato PDF (nova xanela)
Se preferides crear as vosas propias tarxetas podedes descargar o modelo:
Lectura facilitada
Imos xogar todos xuntos.
Hai que pasar unha "bomba" que tarda un tempo descoñecido en estoupar.
Canto teñas a "bomba" tes que dicir unha palabra dunha categoría.
Se é correcta pasas a "bomba" a outro participante antes de que estoupe.
Seredes capaces de dicir todas as palabras relacionadas coas plantas?
- Exemplos de tarxetas de categorías en formato PDF (nova xanela)
- Exemplos de tarxetas de retos en formato PDF (nova xanela)
Se preferides crear as vosas propias tarxetas podedes descargar o modelo: