Diario de aprendizaxe

Un diario de aprendizaxe é un caderno no que podes apuntar as túas experiencias e reflexións sobre o proceso de aprendizaxe. Nel, escribirás sobre como che vai coas tarefas e actividades que realizas, o que che permitirá pensar en como aprendes e que estratexias che funcionan mellor.
Este diario inclúe diferentes fases e preguntas que che guiarán na túa reflexión, axudándoche a valorar os teus progresos e a entender mellor as túas propias opinións e experiencias.
É importante lembrar que, aínda que a persoa docente pode revisar o teu diario, o seu propósito non é avaliarche, senón axudar a que te coñezas mellor como estudante. Ao escribir con sinceridade e analizar a túa forma de aprender, estarás a desenvolver a túa autonomía. Un xeito de prepararte para futuras aprendizaxes.
Lectura facilitada
Un diario de aprendizaxe é un caderno onde podes apuntar o que vas facendo neste proxecto.
Contén diferentes fases e preguntas que che axudarán a reflexionar, a valorar os teus progresos e a entender mellor as túas experiencias.
Escribe con sinceridade.
Reflexionar sobre como aprendes axudarache a ter máis autonomía e será unha maneira de prepararte para outras aprendizaxes.