Función de reprodución
Como todos os seres vivos, as plantas necesitan reproducirse, para ter descendentes e non desaparecer. Saber como se reproducen, será fundamental á hora de crear o noso horto escolar por varias razóns:
- Coñecer os métodos de reprodución das plantas permitiranos elixir as plantas máis axeitadas para o horto asegurando que se adapten ben ao seu entorno.
- Entender os diferentes métodos de reprodución, como a plantación de sementes ou o uso de pugas, axudaranos a elixir o mellor xeito de cultivar as plantas que desexamos.
- Ademais, saber cando e como se reproducen axudaranos a planificar o calendario de sementeira e permitiranos ver o seu ciclo completo de crecemento.

Nas seguintes páxinas, aprenderás moitas cousas sobre os dous tipos de reprodución das plantas, asexual e sexual. Adiante!
Lectura facilitada
As plantas son seres vivos e necesitan reproducirse.
Saber como se reproducen é fundamental para crear o noso horto escolar por varias razóns.
Primeira: poderemos elixir as plantas máis axeitadas que se adapten ben.
Segunda: axudaranos a elixir o mellor xeito de cultivar as plantas que desexamos.
Finalmente, saber cando e como se reproducen axudaranos a planificar o calendario de sementeira.
Nas seguintes páxinas, aprenderemos moitísimas cousas sobre a reprodución asexual e sexual das plantas.
Adiante!