A reprodución asexual
A reprodución asexual das plantas é a forma na que as plantas poden reproducirse sen necesidade de sementes. Nela, unha parte da planta sepárase da planta principal, desenvólvese e forma novas plantiñas idénticas á planta nai. É un xeito de reprodución moi útil, porque permite que as plantas medren rapidamente e se adapten ao seu entorno e tamén moi rápido, porque non hai que esperar a que medren as sementes.
Algúns métodos de reprodución asexual son:
Pugas
Son partes dunha planta que se cortan e se usan para facer medrar unha nova planta. Por exemplo: se cortas un anaco dunha planta de menta e o pos en auga, poden empezar a medrar raíces e converterse nunha nova planta!

Estolóns
Algunhas plantas, como os amorodos e os trevos, teñen unhas ramas que medran a partir dos seus talos, chamados estolóns. Cando o estolón toca a terra, pode botar raíces e formar unha nova planta.

Bulbos e tubérculos
Hai plantas como as cebolas e as patacas que medran a partir de bulbos e tubérculos. Tanto os bulbos como os tubérculos almacenan nutrientes, de tal xeito que axudan á planta a sobrevivir en condicións difíciles e se desenvolven na primavera, creando novas plantas.


Rizomas
Os lirios e os espárragos medran a partir de rizomas que son talos subterráneos horizontais que se estenden por debaixo do chan. Deles poden xurdir brotes, raíces e novas plantas.

Esporas
Os musgos e os fentos reprodúcense por medio de esporas. As esporas son unhas células diminutas protexidas por unha cuberta resistente que lles permite sobrevivir en condicións difíciles. Cando as esporas caen nun lugar axeitado, poden xerminar e dar orixe a unha nova planta.

Lectura facilitada
Na reprodución asexual, as plantas poden reproducirse sen necesidade de sementes.
Unha parte da planta sepárase da principal e forma novas plantiñas idénticas á planta nai.
Permite que as plantas medren rapidamente e se adapten ao seu entorno.
Algúns métodos de reprodución asexual son:
- Pugas: son partes dunha planta que se cortan e se usan para facer medrar unha nova planta.
- Estolóns: son ramas que medran a partir dos talos e, cando tocan terra, poden botar raíces.
Por exemplo, os amorodos e os trevos. - Bulbos e tubérculos: as cebolas e as patacas medran a partir de bulbos e tubérculos,
que almacenan nutrientes e axudan á planta a sobrevivir en condicións difíciles. - Rizomas: son talos subterráneos horizontais que se estenden por debaixo do chan.
Por exemplo, lirios e espárragos. - Esporas: os musgos e os fentos reprodúcense por esporas,
que son unhas células pequenas protexidas por unha cuberta resistente.
Cando as esporas caen nun lugar axeitado, poden xerminar e dar orixe a unha nova planta.