Plantas de aquí e agora
Que imos plantar?
Se queremos que o noso horto sexa o máis sostible posible, debemos cultivar plantas autóctonas, que son plantas que medran nun lugar de forma natural sen que as trouxeran doutro sitio. As plantas autóctonas están acostumadas ao clima e ao solo polo que precisan menos auga e coidados.
Ademais, debemos de procurar que sexan plantas de proximidade e tempada porque, como se apañan no seu mellor momento de maduración e non sofren co transporte, son máis sans e frescas. Tamén son máis respectuosas co medio ambiente porque deixan menos pegada de carbono, xa que non percorren miles de quilómetros para seren consumidas.
En Galicia temos moitas especies autóctonas adecuadas para o noso horto como as que podedes ver a continuación:
Lectura facilitada
Que imos plantar?
Debemos cultivar plantas autóctonas de proximidade e tempada.
As plantas autóctonas precisan menos auga e coidados.
As plantas de proximidade e tempada son máis sans
e frescas porque se apañan no seu mellor momento de maduración.
Non sofren co transporte.
Son respectuosas co medio ambiente
porque non percorren miles de quilómetros para seren consumidas.
En Galicia temos moitas especies autóctonas adecuadas para o noso horto.








