| Título | Plantas ao rescate! |
|---|---|
| Descrición |
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Ciencias da Natureza de 5º de Educación Primaria. O alumnado iníciase no estudo das plantas como seres vivos fundamentais para o equilibrio ambiental, a partir dun contexto real: a creación dun horto escolar adaptado á contorna local. A situación de aprendizaxe propón un enfoque experimental e manipulativo: o alumnado investiga as funcións vitais das plantas (fotosíntese, respiración, relación) mediante experimentos sinxelos, aprende sobre o proceso de compostaxe e reciclaxe natural, e explora sistemas de rego eficiente para a conservación da auga. Trabállase o método científico (hipóteses, experimentación, rexistro de datos) e o traballo en equipo para a construción e mantemento do espazo verde, fomentando hábitos de consumo responsable e respecto pola biodiversidade. O reto principal consiste en construír e xestionar un horto escolar ecosostible, acompañado de retos secundarios como a creación dun composteiro e o deseño dun sistema de rego eficiente. |
| Persoas elaboradoras |
David López Fernández Carmen Colodrón Villar Ana Mª Martínez Rey |
| Organización | Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia. |
| Licenza | Licenza Creative Commons Atribución Non comercial Compartir igual 4.0 |
| Identificación | "Plantas ao rescate!"; ISSN (web): 3101-0040 |
Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.


Elaboración propia (proxecto cREAgal) a partir de pictogramas ARASAAC. Tesoiras e coitelo (