Saltar navegación

1.3. A nosa misión

 

Glosario

Plantas autóctonas

Pictograma dunha mada de grelos
Definición:

Son plantas que medran nun lugar de forma natural sen que as trouxeran doutro sitio.

Exemplo:

Os grelos son plantas autóctonas de Galicia.

Problemas ecosociais

Río contaminado con lixo
Definición:

Son situacións que afectan tanto ao medio ambiente como ás persoas.

Exemplo:

A contaminación dos ríos é un problema ecosocial porque afecta ao noso planeta e a todas as persoas que vivimos nel.

Obxectivos

A túa misión será acadar os seguintes obxectivos mentres creas o horto:

  • Aprender as principais características das plantas.
  • Identificar diferentes plantas autóctonas de Galicia.
  • Coñecer as funcións vitais das plantas e a súa importancia para a vida na Terra.
  • Planificar e deseñar un horto escolar.
  • Buscar solucións para problemas ecosociais.

Que vas a aprender creando un horto?

A coñecer as funcións vitais das plantas.

Imaxe dunha planta na terra, cun sol brillante. Nela hai unhas frechas indicando que entra dióxido de carbono e agua e se desprende osíxeno.

A identificar plantas autóctonas de Galicia.

Imaxe de tres plantas: menta, tomiño e romeu

A crear un horto escolar.

Horto con leitugas, cenorias, unha cabaza...

A empregar ferramentas de cultivo.

Pictograma dunha aixada co mango de madeira

A cultivar diferentes tipos de plantas.

Mans plantando unha planta nun burato na terra

A conservar e coidar o medio natural.

Debuxo dun paxaro, unha flor, unha montaña e un lago

A usar plataformas e aplicacións dixitais.

Dúas mans escribindo nun teclado de ordenador

A traballar en equipo e colaborar.

Debuxo de dous nenos e unha nena traballando xuntos sentados arredor dunha mesa redonda vermella.

A expoñer un traballo en equipo.

Imaxe dun neno expoñendo

Feito con eXeLearning (Nova xanela)