Saltar navegación

5.1. O que aprendemos no camiño

Que aprendemos?

Na seguinte imaxe atoparás un resumo de todo o que levas no teu saco. Se queres vela máis grande, fai clic sobre ela:

Infografía resumo de todo o aprendido

Lectura facilitada

Que aprendemos?

1.      Exploramos o fascinante mundo das plantas.

  • Como se alimentan e multiplican: a nutrición e a reprodución vexetal.
  • Que plantas son propias de cada estación: as plantas de tempada e proximidade.
  • Como interactúan co seu entorno: nastias e tropismos.

2.      Usamos a ciencia para investigar e coidar.

  • Creamos un sensor para controlar a humidade e mellorar o rego.
  • Investigamos os pigmentos das follas e os seus segredos.

3.      Puxemos en marcha o noso horto.

  • Sementamos, cultivamos e coidamos as nosas plantas cun rego eficiente e sostible.
  • Transformamos residuos orgánicos en abono natural.
  • Aprendemos a usar ferramentas de cultivo e preparamos bancais.
  • Planificamos a sementeira para cada tempada.

4.     Coordinámonos e colaboramos.

  • Utilizamos ferramentas dixitais para investigar e planificar.
  • Compartimos o noso proxecto con outras aulas.
  • Traballamos en equipo para atopar solucións e compartir ideas.

Como o aprendiches?

Despois deste resumo de todo o que fixemos, é o momento de que fagas unha pequena parada para pensar en como acadamos o noso reto do horto. Para facer esta reflexión, empregarás unha escaleira de metacognición.

A escaleira de metacognición é unha escaleira que che axuda a pensar sobre o que aprendiches, como o aprendiches, para que che serviu e en que outras situacións poderás utilizalo. Deberás subir cada chanzo para descubrir máis sobre o teu traballo e o teu proceso de aprendizaxe. 

Catro chanzos dunha escaleira, en tres deles hai unha muller, unha nena e un neno

Necesitas axuda para cubrir os chanzos?

Como cubrir cada chanzo

1º chanzo: que aprendín?

  • Pensa en algo novo que descubrises ou aprendeses no proxecto.
  • Escribe unha frase curta para explicalo.
    Exemplo: "Aprendín como plantar sementes e como facer un composteiro."

2º chanzo: como o aprendín?

  • Reflexiona sobre como chegaches a aprender todo iso.
  • Podes mencionar se foi observando, facendo, traballando en equipo ou preguntando.
    Exemplo: "Aprendín porque seguín os pasos que nos explicou o profesor e axudei a facer as tarefas."

3º chanzo: para que me serviu?

  • Escribe en que che axudou o que aprendiches. Pensa se che serviu para o proxecto ou para outra cousa.
    Exemplo: "Serviume para coidar mellor as plantas do horto e para colaborar cos meus compañeiros."

4º chanzo: en que outras situacións podo facer isto?

  • Agora imaxina outras situacións onde poderías usar o que aprendiches. Pensa en casa, no cole ou noutros proxectos.
    Exemplo: "Poderei usar o que aprendín se quero facer un horto pequeno na casa ou axudar noutra actividade de equipo."

Unha vez cubertos todos os chanzos, pensa no seguinte:

  • Que foi o que máis che gustou facer no proxecto?
  • Que farías mellor a próxima vez?

Lectura facilitada

Vas facer unha pequena parada.

Pensa en como acadamos o reto.

Reflexionarás utilizando unha escaleira de metacognición.

É unha escaleira que che axuda a pensar sobre o que aprendiches.

Como aprendiches.

Para que che serviu.

Tamén en que outras situacións poderás utilizar o aprendido.

Poderás descubrir moitas cousas sobre a túa aprendizaxe.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)