Fase 1: Absorción de substancias
As plantas absorben auga e sales minerais polos pelos absorbentes da raíz. A mestura destas dúas substancias chámase zume bruto. O zume bruto ascende polos vasos leñosos do talo e chega ata as follas.

As follas absorben dióxido de carbono a través dos estomas. Os estomas, son uns buratos pequeniños que están situados na parte inferior das follas, no envés. Os estomas, poden abrir e pechar e comunican co exterior.
Sabías que os estomas son tan pequenos que non se ven a simple vista, pero, cun microscopio, podes observalos e ver como abren e pechan dependendo do ambiente?
Lectura facilitada
As plantas absorben auga e sales minerais pola raíz.
A mestura de auga e sales minerais chámase zume bruto.
O zume bruto vai polos vasos leñosos do talo ata as follas.
As follas absorben dióxido de carbono polos estomas.
Os estomas, son uns buratos pequeniños que están situados na parte inferior das follas.

Só poden verse cun microscopio.



Procedemento:
Procedemento:
Procedemento: