Hai que ver cantas cousas novas aprendestes e canto traballastes!
Xa estades preparados para levar a cabo o noso reto: construír un horto escolar. En marcha!

Tes claro o que hai que facer?
Plantas ao rescate!
Planificación e deseño
Cada equipo analizará e investigará sobre un tipo de horto: no chan, macetas ou recipientes, vertical ou hidropónico, e fará o seu deseño. A continuación, entre todo o alumnado, decidiremos cal é o máis axeitado para o noso centro.
Creación
Unha vez decidido o tipo de horto, crearémolo e prepararemos a terra segundo o tipo de horto elixido.
Elección das plantas axeitadas e semente
Escolleremos que queremos plantar, tendo en conta o calendario de sementeira que creamos, e, a continuación, sementaremos.
Observación e coidados
Faremos un calendario de reparto de tarefas por grupos para coidar o noso horto.