Saltar navegación

4.5. O horto fala

Un horto para todo o cole

Unha vez superado o reto de construír o horto escolar e de dar os primeiros pasos no seu coidado, chegou o momento de compartir este proxecto co resto das clases do centro.

Pictograma dunha persoa falando ante un público.

Para iso, cada grupo vai realizar unha visita a dúas das aulas do colexio, para falar do horto que puxemos en marcha. Durante estas visitas:

  • Levaredes o cartel do composteiro que preparamos na fase 3 e explicaredes como o fixestes e que serve para reciclar restos orgánicos e convertelos en abono natural para as plantas do horto.
  • Informaredes de que o horto está pensado para que todos poidan participar, polo que cada clase ten un espazo reservado para poder sementar, coidar e ver medrar ás plantas que elixan.
  • Finalmente, animarédelos a que, xunto á persoa docente, se acheguen a traballar no seu bancal para aprender un montón sobre as plantas, a reciclaxe e a natureza.

Así, non só daremos visibilidade ao proxecto, senón que tamén concienciaremos ao resto do alumnado sobre a importancia de coidar o medio ambiente e fomentaremos a sostibilidade dentro da comunidade escolar.  

Lectura facilitada

Imos compartir este proxecto co resto das clases do colexio.

Cada grupo vai visitar dúas aulas para falar do horto.

Levaremos o cartel do composteiro e explicaremos como o fixemos e para que serve.

Diremos que teñen un espazo reservado para eles no horto.

Nel, poderán sementar, coidar e ver medrar ás plantas que queiran.

Animarémolos a traballar no seu bancal.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)