Función de nutrición
Que necesitan as plantas para medrar?
A diferenza dos animais, as plantas non necesitan buscar comida xa que son autótrofas, é dicir, fabrican o seu propio alimento a partir de substancias que toman do medio e que transforman mediante a fotosíntese. Coñecer como é a súa nutrición permitiranos planificar, coidar e manter un horto saudable.

Comezaremos descubrindo as distintas fases da nutrición.
Lectura facilitada
As plantas son autótrofas.
Fabrican o seu propio alimento.
Toman substancia do medio e as transforman mediante a fotosíntese.
Se sabemos como é a súa nutrición poderemos ter un horto saudable.