Saltar navegación

1.5. Equipo horto

Colaborando xuntos

Imaxe dun neno e unha nenaO primeiro que teredes que facer para poder acadar o voso reto de crear un horto escolar é formar equipos de traballo.

Crearemos o equipo utilizando tarxetas con debuxos. Se mirades ben debaixo de cada cadeira, atoparedes un sobre cunha tarxeta dentro. Abride o sobre que queirades e buscade a outras compañeiras e compañeiros que teñan o mesmo debuxo na súa tarxeta.

Tarxetas para formar equipos en formato PDF (nova xanela).

Tarxetas para formar equipos en formato editable.

Cando xa teñades os grupos listos, vén a parte divertida: cada equipo ten que pensar e elixir un nome xenial que os represente. Pode ser algo creativo, divertido ou relacionado co reto que imos desenvolver. Deixade voar a vosa imaxinación e poñédevos de acordo. Listos?

Mans á obra!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)